---
Se pasades pola rúa Rego d'auga na Coruña, reparade no número 38 (ben pertiño do Teatro Rosalía de Castro) porque alí naceron As Irmandades da Fala, a primeira organización nacionalista. O 18 de maio do 1916 no primeiro andar, onde estaban os locais da Academia Galega, xuntáronse grandes persoeiros da nosa Historia:
- Antón Vilar Ponte
- Ramón Vilar Ponte
- Uxío Carré Aldao
- Leandro Carré Alvarellos
- Manuel Lugrís Freire
- Eladio Rodríguez González
- Francisco Tettamancy
- Lois Porteiro
- Manuel Banet Fontenla
- Xosé Baldomir
Ademais da lingua, defenderon un Estado Federal e centraron a súa actividade na problemática agraria, na emigración, nos aranceis e no ferrocarril (especialmente no de proximidades). Como podedes albiscar, moitas das súas reivindicacións aínda seguen presentes!!
A Irmandade da Coruña foi a primeira, mais axiña apareceron en toda Galiza: Compostela, Monforte, Ourense, Pontevedra, Lugo, Viveiro, Ferrol, Mondoñedo, Vigo, Vilalba, Betanzos, Melide, Baralla, Ortigueira, Muxía, Vilagarcía de Arousa...
E botade contas porque case que cada Irmandade fundou un coro galego!!!
Así pois, neste blogue que hoxe nace iremos debullando e completando, coa axuda de todos vós, o mundo das Irmandades da Fala. Dun xeito constructivo e pragmático, iremos prantexando certas cuestións para que barruntedes e así afondar na construción da Galiza dos nosos días.
Saúde!
-

Nenhum comentário:
Postar um comentário